Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da convocatoria para a cobertura dunha praza de policía local (concurso por mobilidade).

No BOP da Coruña núm. 56, do 21 de marzo de 2013, publicáronse as bases específicas que regulan a convocatoria para cubrir unha praza de funcionario de carreira pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local (escala básica, categoría policía) subgrupo C1, polo sistema selectivo de concurso para mobilidade. Esta convocatoria específica desenvolve as bases xerais para a provisión de prazas vacantes convocadas polo Concello de Oleiros para o ano 2010, publicadas no BOP da Coruña núm. 72, do 20 de abril de 2010, e a súa modificación no BOP núm. 113, do 17 de xuño de 2010. O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Despois da publicación da dita convocatoria, os sucesivos anuncios relativos a ela publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello.

Oleiros, 21 de marzo de 2013

Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal