Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 24 de abril de 2013 Páx. 12743

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na dita orde, publicada no DOG número 53, do venres 15 de marzo de 2013, é necesario efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 7919, no número 2, da disposición adicional segunda, onde di: « ..., deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de maio de cada ano,...»; debe dicir: « ..., deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de abril de cada ano,...».

– Na páxina 7925, do anexo II, na epígrafe de autorizacións, onde di: «Autorizo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, (...) para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións públicas, só para os únicos efectos de optar aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar»; debe dicir: «Autorizo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, (...) para a consulta dos datos de identidade do solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións públicas».

– Na páxina 7931, o anexo III-3, Documento de formalización de matrícula bacharelato, debe ser substituído polo que se achega.

missing image file