Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (306/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 306/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saturnino Buján Carrón contra o INSS, a TXSS, a Mutua Universal Mugenat e Logar Prado, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Que, estimando parcialmente a demanda presentada por Saturnino Buján Carrón contra a empresa Logar Prado, S.L, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e contra a Mutua Universal Mugenat, declaro o dereito do demandante a percibir a prestación de incapacidade temporal derivada de enfermidade común cunha base reguladora diaria de 40,33 euros, condenando a empresa demandada, como responsable directa, ao pagamento desde o día 4º ao 15º do proceso de incapacidade temporal iniciado o 28 de outubro de 2011, sen prexuízo do seu anticipo pola Mutua Universal Mugenat, e absolvo o INSS e a TXSS das peticións formuladas na demanda.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social».

E para que sirva de notificación en forma a Logar Prado, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 25 de marzo de 2013

O secretario xudicial