Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 23 de abril de 2013 Páx. 12585

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (recurso de apelación 3379/2011).

María Girón Vidal, secretaria xudicial da Audiencia Provincial de Pontevedra, Sección Sexta certifico que este tribunal e no recurso de apelación (LACN) 0003108/2011 ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«A Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede de Vigo, composta polos maxistrados Jaime Carrera Ibarzábal, presidente; Madalena Fernández Soto e Eugenio Francisco Míguez Tabarés, pronunciaron en nome do rei a seguinte sentenza núm. 56:

Vigo, 28 de xaneiro de 2013.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, sede de Vigo, os autos de procedemento ordinario número 1131/08, procedentes do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Vigo, aos cales correspondeu o número de peza de apelación 3379/2011, nos cales é parte apelante Gabriel Martínez Abal, representado pola procuradora María Jesús Nogueira Fos e asistido do letrado Carlos Alberto Pérez López; e apelada Volkswagen Finance, S.A. representado pola procuradora Marta Suárez Hermo e asistida do letrado Francisco José Pérez Ares, sobre reclamación de cantidade.

Foi relator o maxistrado Eugenio Francisco Míguez Tabarés, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decidimos que estimando parcialmente o recurso de apelación interposto pola procuradora María Jesús Nogueira Fos, en nome e representación de Gabriel Martínez Abal, contra a sentenza do 13 de xuño de 2011, ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 6 de Vigo, debemos revogala unicamente no senso de declarar que o principal obxecto de condena ascende á suma de seis mil trescentos dous euros con trece céntimos (6.302,13 euros) mantendo os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia e sen que proceda facer especial imposición canto ás custas causadas nesta alzada».

O inserido enriba concorda ben e fielmente co orixinal da resolución á cal me remito e para que conste e sirva de notificación a Laura Noemí Gallas Núñez, cuxo domicilio non consta, expido este edicto en Vigo no vinte e cinco de marzo de dous mil trece. Dou fe.