Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de abril de 2013 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 23 de agosto de 2012, ditada no expediente 107B 2007/60-0.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 11 de marzo do 2013 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Elías Mouriño Fernández contra a Resolución do 23 de agosto de 2012, ditada polo subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas obras promovidas por Elías Mouriño Fernández no predio número 885 do polígono 9, no termo municipal de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, que foi devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística