Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de abril de 2013, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lles notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse aos interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na Área Central, s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: OR-89/501 conta 204.

Nome: Juan Carlos Ramos Barreiro e Aurora Susana Gómez Casado.

Último domicilio coñecido: Praza 1000, portal 13, 3º D, Ourense.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non se poderá interpoñer ningún recurso.