Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Luns, 22 de abril de 2013 Páx. 12490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 7 de febreiro de 2013, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Club Ría de Betanzos pola ocupación dun edificio para deportes náuticos, no dominio público portuario de Betanzos (expediente 12-12-12-C-1).

O Club Ría de Betanzos solicita a concesión administrativa de ocupación dun edificio para deportes náuticos, construído polo ente público Portos de Galicia segundo o proxecto modificado Edificio Actividades Náutico Deportivas, redactado por petición de Portos de Galicia en agosto de 2011, polo arquitecto Luís Antonio Garea Rodríguez e o arquitecto técnico, Alberto Carro Erias.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional, 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 7 de febreiro de 2013

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia