Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12167

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1652/2010 CG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no recurso de suplicación número 1652/10 CG a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 872/2008 do Xulgado do Social número 1 da Coruña promovidos por José Antonio Quindimil García contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Basteiro e García Rodecor, S.L., Mutua Fremap, sobre accidente de grao, o 14.12.2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por José Antonio Quindimil García contra a Sentenza do 25 de novembro de 2009 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Basteiro e García Rodecor Sociedade Limitada, a Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Basteiro e García Rodecor, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Caracas, 48 Betanzos, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2013

A secretaria xudicial