Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva da concesión directa de explotación Begoña número 7126.

Por Resolución do 11 de novembro de 2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Marmolarías, S.L. da concesión directa de explotación Begoña, de 4 cuadrículas mineiras, para a explotación de recursos mineiros da sección C), serpentina, no termo municipal de San Sadurniño, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7126 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Punto

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

8º 00’ 00’’

43º 31’ 40’’

2

7º 59’ 20’’

43º 31’ 40’’

3

7º 59’ 20’’

43º 31’ 00’’

4

8º 00’ 00’’

43º 31’ 00’’

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por esta concesión directa poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer nº 2, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 18 de marzo de 2013

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña