Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 5 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de caducidade das concesións de explotación S. Esteban número 3359 e S. Cristóbal número 3417, titularidade de Arturo López Gómez.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle a Arturo López Gómez, con último enderezo coñecido en Quereño de Valdeorras, 32320 Rubiá (Ourense), como titular, o acordo de incoación dos expedientes de caducidade das concesións S. Esteban nº 3359 e S. Cristóbal nº 3417, pola causa prevista no artigo 108.c) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, por expiraren os prazos polos que foron outorgados ou, se é o caso, as prórrogas concedidas, xa que, intentada polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 84 da citada Lei 30/1992. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación de expediente de caducidade considerarase como proposta de resolución.

Ourense, 5 de abril de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense