Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 12184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de febreiro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos (expediente PO-02045-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do 25 % do seu importe na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2013

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-02045-O-2012

0255-DDK

Garda Civil 3601 Q92637T

Viento y Calma, S.C.

J70215819

R/ Atalaya, 32,

15155 Fisterra (A Coruña)

Exceso de peso sobre a m.m.a. superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 t. Exceso de peso superior ao 13 %.
14.6.2012; 8.43.00; AP-9; 137,500

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

371 euros

PO-02174-O-2012

PO-7461-AJ

Garda Civil 3601 H06541A

Vicente Lago Castelo

35412745J

San Miguel Cardalda, 63,

36620 Vilanova de Arousa

(Pontevedra)

Exceso de peso sobre a m.m.a. superior ao 5 % ata o 10 %, en vehículos de máis de 10 a 20 t. Exceso de peso superior ao 9 %.
26.6.2012; 10.55.00; PO-531; 11,000

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

381 euros

PO-02653-O-2012

9192-CTD

Garda Civil 3602 I43469X

Orensana de Mariscos, S.L.

B32144164

Políg. Industrial, rúa 7, nave 13,

32911 San Cibrao das Viñas

(Ourense)

Non levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos.
6.9.2012; 15.49.00; PO-902; 2,000

Art. 142.24.2 LOTT, art. 199 ROTT

Art. 143.1.a) LOTT, art. 201 ROTT

100 euros