Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 11977

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Lavandeira, na parroquia de Padrenda, concello de Padrenda (Ourense).

O Concello de Padrenda remitiu o expediente de delimitación do núcleo rural de Lavandeira, tramitado ao abeiro do punto 2 da disposición adicional segunda da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUG) e solicita a súa aprobación definitiva.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Padrenda non dispón de ningún instrumento de planeamento xeral municipal.

2. O expediente foi tramitado de acordo co previsto no inciso terceiro do número 2 da disposición adicional segunda e nel constan:

• O sometemento ao trámite de información pública, que se levou a cabo mediante a publicación de anuncios no DOG nº 228, do 29.11.2011 e nos xornais La Voz de Galicia na data do 11.11.2011 e Faro de Vigo na data do 16.11.2011.

• Certificación do secretario municipal do 10.1.2012 na cal se reflicte que no devandito período non se presentaron alegacións.

• Certificado do acordo de aprobación provisional, adoptado polo pleno do concello na súa sesión do 24 de febreiro de 2012.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar o expediente remitido polo Concello e á vista do informe subscrito pola Subdirección Xeral de Urbanismo, cómpre facer as seguintes consideracións:

1. No proxecto remitido queda xustificada a preexistencia e o recoñecemento do núcleo rural de Lavandeira, segundo o nomenclátor de entidades de poboación da provincia de Ourense (Decreto 332/1996, do 26 de xullo).

2. Á vista da ordenación aplicable, a delimitación de solo de núcleo rural de Lavandeira é admisible, xa que cumpre os requisitos establecidos no artigo 13.3 da Lei 9/2002. O réxime xurídico aplicable aos terreos incluídos na delimitación será o establecido pola Lei 9/2002 para o solo de núcleo rural; seralle igualmente aplicable, en todo aquilo que non vulnere nin vaia contra o devandito réxime xurídico, o contido da ordenanza do «solo non urbanizable de núcleo rural» das vixentes normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

3. De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG (modificada pola Lei 15/2004), e a Orde do 11 de maio de 2009 sobre adscrición de órganos e delegación de competencias como consecuencia da entrada en vigor do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleo rural corresponde á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

1. Visto canto antecede, apróbase definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de Lavandeira, na parroquia de Padrenda, Concello de Padrenda (Ourense).

2. Contra a presente resolución non caberá interpoñer recurso en vía administrativa e pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, sen prexuízo da formulación, se for o caso, do requirimento previo en igual prazo (artigos 44 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa).

3. Notifíquese esta resolución ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file