Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11950

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación da concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar no parque da praia de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar no parque da praia de Compostela, denominado Pavillón de servizos.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución (meses): 6 (seis).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Canon: 300,00 €/mensuais.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa; praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula X dos pregos.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: quince (15) días contados desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula X dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado na cláusula XIII do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato serán por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula XVI do prego.

Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde