Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2013 pola que se desiste da celebración do contrato para a subministración de microilladores individualmente ventilados para a estabulación de roedores (expediente 2013/CSUA1/000004).

Por Resolución do 12 de abril de 2013, acórdase a desistencia do procedemento de licitación para a subministración de microilladores individualmente ventilados para a estabulación de roedores, conforme o establecido no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

As razóns, de interese público, recóllense na mencionada resolución, publicada o día 12 de abril de 2013 no perfil do contratante da USC: www.usc.es/contratación

O anuncio de licitación publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 54, do 18 de marzo de 2013.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013

P.D. (Resolución do 1.8.2011; DOG do 18 de agosto)
María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela