Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013 pola que se convocan os premios de investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan os premios de investigación Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero, co fin de apoiar e impulsar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas da enxeñaría industrial e das ciencias do traballo, respectivamente. Estes premios están dotados con 12.000 euros cada un, con cargo ao orzamento municipal, e o prazo de presentación de solicitudes será até o 31 de maio de 2013. Para obter máis información pode consultarse o web co enderezo: http://www.udc.es ou chamar ao teléfono: 981 33 74 00, extensión 3800.

Ferrol, 22 de marzo de 2013

Mª Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
da Universidade da Coruña