Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11694

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 3 de abril de 2013 pola que nomea rexistrador da propiedade, mercantil e de bens mobles para o Rexistro número 1 de Pontevedra.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario 287 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 6 de febreiro de 2013 (BOE do 15 de febreiro) e resolto pola Resolución do 20 de marzo de 2013, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear o rexistrador comprendido na citada resolución e que no anexo se relaciona, para o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Antonio Gelabert González, rexistrador de Betanzos para o Rexistro de Pontevedra núm. 1.