Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11688

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 5 de abril de 2013 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema Universitario de Galicia no curso 2013/14.

Advertido un erro na Orde do 5 de abril de 2013 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á universidade de bacharelato e FP, para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema Universitario de Galicia no curso 2013/14, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 72, do 15 de abril de 2013, procédese a facer a súa corrección.

Na páxina 11217, artigo 1, onde di: «Noméanse como membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para o curso 2013/14», debe dicir: «Noméanse como membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) para o curso 2012/13».