Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 17 de abril de 2013 Páx. 11750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza en varios centros dependentes dos servizos centrais desta consellería (área de Cultura).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18312

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de limpeza en varios centros dependentes dos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (área de Cultura).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 37.722,05 €, IVE excluído (45.643,68 €, IVE incluído).

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 25 de marzo de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 27 de marzo de 2013.

c) Adxudicataria: Limpiezas Estela, S.L.

d) Importe de adxudicación: 32.640,00 €, IVE excluído (39.494,40 €, IVE incluído).

Anualidades (IVE incluído):

2013: 14.810,40 €.

2014: 19.747,20 €.

2015: 4.936,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que establece o prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria