Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de abril de 2013 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e, definitivamente, o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo (clave PO/12/070.01).

Antecedentes de feito.

Primeiro. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas elaborou o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, documento en que, a través da diagnose da situación actual da rede e a definición de obxectivos, se inclúen as actuacións prioritarias para mellorar a mobilidade na zona.

Segundo. Con data do 20 de xullo de 2012 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 139, a Resolución do 26 de xuño, da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se sometía ao trámite de información pública, durante un período de 30 días hábiles, o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, clave PO/12/070.01.

Terceiro. Con data do 22 de agosto de 2012 publicouse, no Diario Oficial de Galicia núm. 159, a Resolución do 8 de agosto, da directora da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se ampliaba o prazo de información pública do referenciado Plan de mobilidade, ata o día 28 de setembro de 2012.

Cuarto. Durante todo o trámite de información pública presentáronse diversas alegacións e informes que foron remitidas á dirección do estudo para a súa valoración.

Quinto. A memoria ambiental do Plan de estradas de Galicia (Plan MOVE), que é desenvolvido por este Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, foi emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, e no Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 31 de xaneiro de 2011, foi publicada a Resolución do 17 de xaneiro pola que se fai pública a referenciada memoria ambiental.

Sexto Na tramitación do expediente tivéronse en conta as normas de procedemento contidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de aplicación.

Por todo o exposto, tras a análise efectuada das alegacións e informes presentados e á vista do informe de resposta realizado pola dirección do estudo:

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, con data do 22 de febreiro de 2013, por delegación do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Orde do 4 de febreiro de 2013; Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), resolveu o seguinte:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e, definitivamente, o Plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, clave PO/12/070.01; tendo en conta todas as indicacións dos organismos oficiais competentes recollidas nos seus respectivos informes.

Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2013

Ethel Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas