Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo (procedemento ordinario 0000062/2013) interposto pola Federación Estatal de Traballadores do Ensino, integrada en UGT.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 0000062/2013, interposto pola Federación Estatal de Traballadores do Ensino, integrada en UGT, contra o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que impartan ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, as cales son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos