A Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, creou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como instrumento fundamental para velar pola utilización racional do solo conforme o disposto no ordenamento urbanístico.
De acordo co previsto no artigo 226 da devandita lei e nos estatutos da axencia, aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, os seus órganos directivos son o/a director/a e o Consello Executivo, como órgano de dirección e control, do cal forman parte catro vogais en representación da Comunidade Autónoma.
En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de abril de dous mil trece,
Designo a Antonio Maroño Cal como vogal do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Santiago de Compostela, once de abril de dous mil trece
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas