O 27 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2013001AL-CO incoado a Jacobo Balsa Pereiro.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Jacobo Balsa Pereiro o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da Xefatura Territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 18 de marzo de 2013
Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2013001AL-CO.
Interesado: Jacobo Balsa Pereiro, (Chick Mera Bar).
DNI/NIF/CIF: 47357869-H.
Último enderezo coñecido: Celso Emilio Ferreiro, 5. Serantes, 15177 Oleiros.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigo infrinxido: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro ), artigo 57.2.c), apt. 1º e 2º.
Lei 17/2001, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo de 2011), artigo 50.1.c) d) e e); artigo 51.1.
Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOG nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DOG nº 204, do 4 agosto de 2007), artigo 5.1, apt. 2.a), b), c), d), e), f) e g), apt. 3, 4 e 5.
Anexo II, cap. I, cap. II, cap.V, cap. VI, cap. IX.
R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001), artigo 3.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 1.800 €. Mil oitocentos euros.