Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (810/2010).

A secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela fai saber que no procedemento ordinario 810/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Fernández Lamela contra a empresa Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante Juan Manuel Fernández Lamela contra as empresas Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., debo condenar e condeno estas de forma solidaria a que lle aboen ao demandante a cantidade de 3.139,01 euros, polos conceptos reclamados en demanda máis o 10 % de xuros por demora, sendo ao demandante de aplicación o convenio colectivo do sector de pintura da provincia da Coruña. Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., en paradoiro descoñecido, insiro o presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013

A secretaria xudicial