Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 12 de abril de 2013 Páx. 11148

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5456/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5456/2010 desta sección, seguido por instancia de Montserrat González Rodríguez contra a mutua Universal Mugenat, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Construcciones Eligio Alonso e Hijos, S.L., sobre accidente de grao, se ditou a sentenza con data do 15 de marzo de 2013, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Montserrat González Rodríguez contra a sentenza do 1 de xullo de 2010 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra a mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social Universal, a entidade mercantil Construcciones Eligio Alonso e Hijos, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sal, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Eligio Alonso e Hijos, S.L., con último domicilio coñecido en Santiago de Compostela, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial