Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10970

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (506/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2013

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos nº 506/2012, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Raúl Andrés Saco Ramos, asistida da graduada social Matilde Mallo Nieves contra a Asociación Colega Galicia, que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por Raúl Andrés Saco Ramos contra a Asociación Colega Galicia e, en consecuencia, condeno esta a pagar al demandante 3.884,69 euros dos cales 3.807,77 euros se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do ET.

Non procede realizar pronunciamento de condena ao Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade de concorreren os requisitos do artigo 33 do ET».

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

A secretaria xudicial