Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (18/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Baamonde Rego contra Frigoríficos Riveira Mar, S.L., Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., en reclamación por despedimento, rexistrado co nº execución de títulos xudiciais 18/2013, acordouse citar a Graña Mar, S.L. e Malcofer, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 15 de abril de 2013 ás 9.00 horas para a realización da comparecencia. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Graña Mar, S.L. e Marcolfer, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2013

A secretaria xudicial