Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT e CT provisional para obra do túnel do AVE en Porto, no concello de Vilar de Barrio (expediente IN407A 2013/8-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Dragados, S.A.

Domicilio social: avda. de Tenerife, 4 e 6, 28700 San Sebastián de los Reyes.

Denominación: LMT e CT, provisional, para obra do túnel do AVE en Porto.

Situación: Vilar de Barrio.

Características técnicas: LMT, provisional, aereosubterránea a 20 kV, de 1.274 m en aéreo con condutor LA-56 e 745 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe no apoio 185/162 da LMT, XIN803 Sarreaus e remate no CT proxectado, provisional, prefabricado, túnel do AVE en Porto de 1.500 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 118.256,56 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 26 de marzo de 2013

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas