Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 1 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican os acordos de inicio do procedemento de revisión de oficio, devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios, ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar (expedientes RRO/DC/2012/00127, RRO/DC/2012/00132 e RRO/DC/2012/00137).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que se indican no anexo os acordos de inicio da revisión de oficio devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Nº licenza de caza

Data de expedición

Nº da revisión de oficio

Nome do interesado

2011-1501-0261

7.11.2011

RRO/DC/2012/00127

René Díaz Vázquez

2011-1501-0272

18.11.2011

RRO/DC/2012/00132

Miguel Barrul Hernández

2011-1501-0304

7.12.2011

RRO/DC/2012/00137

José Manuel Piñeiro Romero