Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (872/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 872/2010 deste xulgado do social, seguido a instancia de Carlos Pardo Rodríguez contra a empresa Newco Airports Services, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que, estimando a demanda interposta polo actor contra a empresa Newco Airport Services, S.A., debo declarar e declaro que o contrato do actor é de carácter indefinido a tempo completo desde o 1 de agosto de 2006, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración. Así mesmo, debo absolver e absolvo a Antonia Magdalena Carmona, Pedro Tortosa Mondejar e o Fogasa, sen prexuízo esta última da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

A secretaria xudicial