Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (754/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 754/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo José Janeiro Janeiro contra a empresa Inova Iluminación, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Pablo José Janeiro Janeiro, que comparece asistido do seu letrado Sr. Carvajal de la Torre, contra a empresa Inova Iluminación, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente ao traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada Talleres Lobar, S.L., segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 14.177,32 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 51,80 euros/día.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Inova Iluminación, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 19 de marzo de 2013

A secretaria xudicial