Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2013 pola que se fai público un novo prazo de admisión de ofertas na licitación do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario do contrato de servizo de apoio e asesoramento nunha operación de externalización da autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense (AG-53) e ramal ao Carballiño (AG-54), de clave OU/03/042.01 (AT/001/2013).

Con data do 27 de marzo de 2013 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se anunciaba a licitación do procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario do contrato de servizo de apoio e asesoramento nunha operación de externalización da autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense (AG-53) e ramal ao Carballiño (AG-54), de clave OU/03/042.01 (AT/001/2013).

Con data do 1 de abril de 2013 publicouse na plataforma de contratación (www.contratos
degalicia.es/resultado.jsp?N=18595) documentación complementaria, polo que procede a modificación das seguintes datas:

Data límite de obtención da documentación e información: 10 de maio de 2013.

Data límite de presentación das ofertas: 10 de maio de 2013.

Data de envío deste anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de abril de 2013.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas