Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2013 Páx. 10699

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (165/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 165/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Antonio Céspedes García contra a empresa Grialibros, S.L., Grace Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Aula 25 Distribuidora, Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Aula 25, Abraxas Aula 25, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo a excepción de indebida acumulación de accións, tendo por efectuada a opción pola parte demandante pola acción de despedimento, a cal estimo parcialmente e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 26 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente o demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 11.005,43 euros.

Esta opción deberase exercer no prazo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que sexa o sentido da opción, condeno, así mesmo, as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan ao demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (26 de xaneiro de 2012) ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración, para tal efecto, o salario diario de 40,32 €, que na data desta sentenza ascende a 7.781,57 euros.

Condeno a Fogasa e a administración concursal de Grialibros a se ater a esta resolución.

Desestimo a demanda fronte a Abraxas Aula 25, S.L.

Considérase a parte demandante desistida da acción exercida contra Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Aula 25 Distribuidora e Aula 25.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación previa consignación en depósito da cantidade de 300 euros e no caso das empresas condenadas do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Ara, S.L. e a Sálvora Areito, S.A., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2013

A secretaria xudicial