Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de información pública sobre licenza de actividade para punto limpo.

O Concello de Cervo (Lugo), con CIF P2701300B, está a tramitar licenza de actividade para punto limpo, na parcela S-1 do Parque Empresarial de Cuíña (Cervo).

Cumprindo co disposto polo punto 3º, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Cervo, 13 de marzo de 2013

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde