Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10606

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abadín

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación do núcleo rural das Veiguiñas.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Abadín, na sesión do pasado día 27 de marzo de 2013, aprobou inicialmente o expediente de delimitación do núcleo rural das Veiguiñas, na parroquia de Moncelos, pertencente ao termo municipal de Abadín.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, na redacción dada a esta pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso. No caso de producirse a inserción en datas diferentes, o prazo computará desde a derradeira publicación.

Durante este prazo poderá examinarse o dito expediente na Secretaría deste Concello, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas.

Abadín, 3 de abril de 2013

José Mª López Rancaño
Alcalde