Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeadura entre as bateas de cultivos mariños Celeste III e San Martín I.

Unha vez visto o expediente instruído para os efectos de outorgamento de autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre bateas, apreciáronse os seguintes:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 30.12.2003, Manuel Meis Cacabelos, en representación de Remagro, S.A. (A-36182087), solicitou permiso para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Celeste III e San Martín I.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Terceiro. No expediente constan os informes técnicos das bateas.

b) Fundamentos de dereito.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, que a modifica, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nas bateas de cultivos mariños (DOG nº 83, do 30 de abril).

Vistos os antecedentes citados e de acordo cos fundamentos de dereito, esta consellería resolve outorgarlle a Remagro, S.A. (A-36182087) autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas que se indican:

Subtipo: batea.

Nome: Celeste III.

Especies: ameixa babosa (Venerupis pullastra), ameixa xaponesa (Ruditapes philipinarum), ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus), volandeira (Chlamys opercularis) e zamburiña (Chlamys varia).

Localización: cuadrícula nº 46.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Subtipo: batea.

Nome: San Martín I.

Especies: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 152.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Titular: Remagro, S.A. (A-36182087).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións e vixencias dos títulos habilitantes, que queda como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: Celeste III.

Localización: cuadrícula nº 152.

Polígono: D.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Subtipo: batea.

Nome: San Martín I.

Localización: cuadrícula nº 46.

Polígono: F.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino.

Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de 3 (tres) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Unha vez rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.

Quinta. As datas de fondeadura deberán ser comunicadas con antelación suficiente, mediante escrito dirixido á xefatura correspondente desta consellería en Vilagarcía de Arousa, para os efectos de que se realicen baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servizo de Busca, Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de novembro de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de coordinación da Área do Mar