Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, 2ª fase, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18522

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: restauración da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, 2ª fase, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 68.627,71 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 19 de marzo de 2013.

c) Adxudicatario: UTE Grupo Desarrolla Works, S.L., Tomos Conservación Restauración, S.L., Unión Temporal de Empresas, Ley 18/1982 (UTE Tomos – Desarrolla – Torre do Reloxo).

d) Importe de adxudicación: 56.600,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que establece o prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria