Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración na igrexa do mosteiro da Armenteira, no concello de Meis (Pontevedra), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fai pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural. Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17604

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 111, do 12 de xuño de 2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: restauración na igrexa do mosteiro da Armenteira, no concello de Meis (Pontevedra), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) e polo FCI (20 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 296.610,17 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 1 de marzo de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 19 de marzo de 2013.

c) Adxudicatario: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A.

d) Importe de adxudicación: 254.788,14 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que establece o prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria