Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 9 de abril de 2013 Páx. 10573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2012/98-2, 8065 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: OCR caseta Rozas.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con orixe no apoio metálico existente nº 36 A-85918 da liña de Mosteiro-ST Meira e final no OCR caseta Rozas proxectado, formada por tres circuítos, cunha lonxitude por circuíto de 20 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150.

– OCR caseta Rozas en edificio prefabricado tipo PFU-3, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas, unha cela de interruptor automático motorizada e unha cela de liña con transformador de servizos auxiliares SSAA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 12 de marzo de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo