Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 20 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as solicitudes de acreditación da representación nos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/M/2012/00240 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as solicitudes de acreditación da representación dos recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes sancionadores instruídos por infraccións da normativa reguladora dos transportes terrestres, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Debido a que nos escritos de interposición dos recursos non quedan suficientemente acreditadas as representacións dos recorrentes, é polo que se requiren, a teor do disposto nos artigos 71 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que acrediten a persoa que represente as ditas entidades por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, de conformidade co artigo 32 do mesmo corpo legal.

De acordo co exposto, poderán acreditar a representación mediante documento público, documento privado con sinatura notarial lexitimada ou mediante declaración en comparecencia persoal dos interesados.

Polo que se requiren para que, a teor do disposto nos artigos 70, 76 e 110 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, acrediten a representación que din posuír, con expreso apercibimento de que, de non facelo así, se procederá ao arquivamento dos ditos escritos sen máis trámite.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Número de recurso

Expediente

Matrícula

Denunciante

Recorrente

Feito sancionado

Datos da denuncia: data, hora, estrada, p.q.

RA/M/2012/00240

XC-01510-O-2010

5720-BMT/R-7767-BBH

Garda Civil 1503 N41519R

Transportes Áridos y Hormigones de Pontevedra, S.L.

Circular cun camión en que está manipulado o aparello tacógrafo.

22.7.2010; 17.00; AP-9; 25,200

RA/M/2012/00241

XC-01508-O-2010

5720-BMT/R-7767-BBH

Garda Civil 1503 N41514R

Transportes Áridos y Hormigones de Pontevedra, S.L.

Realizar transporte público de mercadorías en vehículo pesado ao abeiro dunha autorización caducada, que perdeu o seu prazo de validez.

22.7.2010; 17.00; AP-9; 25,200

RA/M/2012/00399

PO-01074-O-2012

1635-FZT

Garda Civil 3601 Y76740V

Transportes Osara, S.L.

Circular transportando mercadorías desde Vilagarcía de Arousa ata Pontevedra, sen achegar 24 discos desde o 23.2.2012 ata o 21.3.2012.

22.3.2012; 12.40; PO-531; 8,3