De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede notificar por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.
Acordo de resolución previsto no artigo 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. Poderase interpoñer recurso de alzada polo prazo dun mes.
A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, rúa dos Feáns, 5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2013
Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
ANEXO
Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2005/11-0 ONGD 11.
Destinatario da notificación: Asociación Ayuda al Sahara.
CIF/NIF nº: G36763704.
Último enderezo coñecido: rúa Gregorio Espino, 32, oficina C, 36205 Vigo (Pontevedra).
Data dos actos de instrución: 1 de marzo de 2013.
Sentido da resolución: resolución de cancelación.