Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9935

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Mediante Resolución da Dirección de Recursos Humanos do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26 de marzo) ábrese o prazo para a inscrición de aspirantes en listas para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas seguintes categorías estatutarias:

– Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matroa).

– Logopeda.

– Traballador/a social.

Nas devandita resolución prevese unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpran os requisitos determinados na anterior resolución.

Por Resolución do 18 de decembro de 2012 (DOG nº 243, do 22 de decembro), que modifica a do 3 de decembro de 2012 (DOG nº 240, do 18 de decembro), publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as, coa asignación do número de orde e as puntuacións provisionais obtidas.

Finalizado o prazo de reclamación contra a dita resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade coa base sétima das respectivas resolucións de inicio do prazo de inscrición (DOG nº 59, do 26 de marzo),

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matroa), logopeda e traballador/a social.

Segundo. As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas en cada unha das categorías atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en «Fides/expedient-e/sección de procesos».

Terceiro. De conformidade coa base sétima e décima da Resolución do 14 de marzo de 2012, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do 15 de abril de 2013 e resultarán de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir de dita data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (DOG nº 89, do 9 de maio).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos