Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9933

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefatura de persoal facultativo, xefe de Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Convocada por Resolución 4/2012, do 29 de outubro de 2012, da Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (DOG nº 4, do 7 de xaneiro de 2013), a provisión do posto de xefatura de persoal facultativo, xefe de Servizo de Cardioloxía, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) e na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe de Servizo de Cardioloxía, convocada pola Resolución do 29 de outubro de 2012.

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 12 de marzo de 2013

Mario González González
Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

ANEXO

Denominación do posto: xefe de Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Nome e apelidos: Andrés Íñiguez Romo.

DNI: 05622766W.