Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Bueu (expediente IN407A 2013/45-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CTC Vilar-Chan de Piñeiro.

Situación: Bueu.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 368 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT CAG 802 Herbello 2, entre os CCTT Vilar e o CT Beluso Pobo, unha vez entre e saia do CT proxectado Vilar-Chan de Piñeiro. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Vilar, Beluso, Bueu.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de marzo de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Bueu; lugar: Vilar; titular: José Miranda Freire; enderezo: Vilar nº 31, 36930 Bueu, Pontevedra; afección: 12,53 m2 de solo para o centro de transformación.

Predio 2. Municipio: Bueu; lugar: Vilar; titular: Benjamín Pousada Ferradás; enderezo: Montemogos nº 27, 36939 Bueu, Pontevedra; afección: 11,59 m2 de solo para o centro de transformación.