Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9852

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 18 de marzo de 2013 pola que se declara de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra.

Unha vez vista a solicitude presentada pola Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, con domicilio en Ferrol, a través da cal insta a súa declaración de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro. A Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra desenvolve as súas actividades no territorio da Comunidade Autónoma e leva a cabo exclusivamente programas de prevención e tratamento de condutas adictivas relacionadas, preferentemente, co alcohol, tabaco e outras adiccións.

Segundo. O funcionamento dos programas desenvolvidos nos centros e servizos de que é titular a citada entidade inscríbese no actual Plan de trastornos adictivos de Galicia.

Terceiro. Esta entidade figura inscrita no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas (na actualidade Plan de trastornos adictivos de Galicia) co número 2012/9.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 20.2 da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas, establece que a Xunta de Galicia poderá declarar de interese para a Comunidade Autónoma galega aquelas entidades sen ánimo de lucro que estean levando a cabo programas ou servizos no ámbito das distintas drogodependencias e cumpran os requisitos que regulamentariamente se establezan.

Segundo. Así mesmo, o Decreto 74/2002, do 28 de febreiro, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas (na actualidade Plan de trastornos adictivos de Galicia) e se regula o procedemento para a súa declaración de interese, modificado polo Decreto 58/2005, do 24 de febreiro, establece no seu artigo 8 que a Xunta de Galicia, logo de solicitude da interesada, poderá declarar de interese para a Comunidade Autónoma galega, mediante orde da Consellería de Sanidade, as entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas (na actualidade Plan de trastornos adictivos de Galicia). Para estes efectos, estas entidades deberán estar levando a cabo exclusivamente programas ou servizos no campo das drogodependencias, sempre e cando se adecúen aos criterios e contidos dos programas recollidos no documento do Plan de Galicia sobre drogas vixente en cada momento.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Declarar de interese para a Comunidade Autónoma galega a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade