Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 3 de abril de 2013 Páx. 9822

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha planta móbil de formigón.

Alberto Martín Calvarro con DNI nº 07946557-B, en nome e representación de General de Hormigones, S.A., con CIF A-33008392, solicitou licenza municipal para a instalación temporal dunha planta móbil de formigón, que se instalará nun predio sito no lugar de Venda do Espiño, na parcela núm. 262 do polígono 26 do C.R., neste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia– poida ser examinado o expediente na Secretaría deste concello polas persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

A Gudiña, 26 de marzo de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde