Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9742

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local para restaurante (expediente 7052/13).

Por instancia da entidade WEI & GUO, S.C., representada por José Castro Iglesias, estase a tramitar no Concello de Lalín o expediente para a obtención da licenza de obra para acondicionamento de local para restaurante, na rúa B, nº 48, baixo, Lalín (Pontevedra), expediente 7052/13.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, se é o caso, alegacións ou reclamacións durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 21 de marzo de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo