Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 2 de abril de 2013 Páx. 9741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela de equipamentos para a construción dunha escola infantil.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación de volumes nunha parcela de equipamentos, para a construción dunha escola infantil, na parcela do CEIP Raquel Camacho (urbana C), Agra do Orzán da Coruña.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de exposición pública durante o prazo de vinte días hábiles, mediante publicacións no Diario Oficial de Galicia, na prensa local e na páxina web do Concello.

Terceiro. Ordenar a dilixencia do estudo de detalle.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Infraestruturas, Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico e Oficina do GIS.

Quinto. Solicitar os informes sectoriais necesarios para a tramitación do expediente».

O estudo de detalle sométese ao trámite de información pública durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, período durante o cal calquera interesado poderá consultalo e formular as alegacións que considere oportunas. A consulta pódese efectuar no Departamento de Planeamento da Área Municipal de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, así como na páxina web do Concello.

A Coruña, 1 de marzo de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo