Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9480

III. Outras disposicións

Consello Galego da competencia

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2013 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración autonómica galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Consello Galego da Competencia no terceiro cuadrimestre do ano 2012.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

Francisco Hernández Rodríguez
Presidente do Consello Galego da Competencia

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio entre a Universidade da Coruña e o Consello Galego da Competencia para a realización de prácticas externas curriculares dos estudantes da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

3.9.2012

Sen dotación orzamentaria