Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 22 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia do acordo de incoación de expediente sancionador por infracción en materia de servizos sociais.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia do acordo de incoación do expediente sancionador por infracción en materia de servizos sociais, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos nin persoalmente.

Que, así mesmo, designo como instrutora do expediente a Isabel da Riba Casaux, funcionaria da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar. O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo promover a recusación a interesada en calquera momento da tramitación do procedemento por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, para poder examinar, nas dependencias da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, o expediente, así como formular as alegacións que considere oportunas, conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que, de non efectuar as alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución e, consecuentemente, continuará a tramitación coa resolución que en dereito proceda.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Expediente: 76/2013.

Entidade infractora: Galicia Saudade, S.L. con CIF B36445641.

Último enderezo coñecido: avenida Rosalía de Castro, nº 5-1º D, concello de Ponteareas.

Acto de notificación: acordo de incoación de expediente sancionador.

Data do acordo de incoación: 6.3.2013.

Infraccións e preceptos infrinxidos:

– Unha infracción moi grave das tipificadas no artigo 82.e) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, polas infraccións tipificadas como graves cando a súa comisión provoque danos ou prexuízos de difícil ou imposible reparación para as persoas usuarias de servizos sociais, ou cause unha importante deterioración ou un prexuízo social.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, polo inicio, a modificación substancial ou o cesamento de actividades dun centro, servizo ou programa carecendo da autorización administrativa correspondente.

– Tres infraccións graves das tipificadas no artigo 81.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, polo inicio, a modificación substancial ou o cesamento de actividades dun centro, servizo ou programa carecendo da autorización administrativa correspondente.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.k) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por obstruír o labor inspector.

– Unha infracción grave das tipificadas no artigo 81.f) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por desatender as necesidades básicas de atención ou de avaliación e o seguimento das persoas usuarias, de acordo cos requirimentos do seu plan individual de atención.

– Unha infracción leve das tipificadas no artigo 80.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, por irregularidades de carácter formal no cumprimento da normativa vixente en materia de servizos sociais.

Precepto sancionador: artigos 83.1.a), b) e c), así como o artigo 83.2 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Competencia: artigos 88.2 e 3 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.