Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS cambio sección CAT 708 do CT Marqués de Alcedo ao CR.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ estruturada en catro tramos.
1. 667 metros; orixe: CT Marqués de Alcedo; final: LMT CAT 7080050 cara o CT Xoaquín Loriga 29.
2. 88 metros; orixe: LMT CAT 7080049, entre os CCTT praza Elíptica e Xoaquín Loriga, 29; final: LMT CAT 7080054, cara ao CT Padre Don Rúa.
3. 88 metros; orixe: CAT 7080049, entre os CCTT praza Elíptica e Xoaquín Loriga 29; final: LMT CAT 7080055, cara o CT Padre Don Rúa.
4. 644 metros; orixe: CT Loriga; final: CT Hernán Cortés.
A intalación está situada nas rúas Hernán Cortés, Loriga e Marqués de Alcedo, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 5 de marzo de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra